Como prometimos, achegamos link onde descragar máis fotos da 1ª quenda, así coma os lipdubs creados polos acampados.
Un saúdo.
https://www.dropbox.com/sh/f2ruh2f8kwwbjqb/AADxPrLspG0zfZe1A2Yr5osUa?dl=0
domingo, 31 de julio de 2016
martes, 12 de julio de 2016
DÍA 11
Derradeiro día de actividades. Os acampados aproveitan as súas últimas horas no campamento Virxe de Loreto.

Pola noite fixemos a entrega de premios á tenda mais limpa, ao mellor stop motion, ao mellor lipdub, e ao grupo que atopou 100 estrelas de mar na actividade de biomergullo.
E coma non, a agardada "Disco Son"!!!!
lunes, 11 de julio de 2016
DÍA 10
Últimos dous días de actividades coa 3ª rotación de kaiak, na que facemos unha ruta cara unha nova praia cerca de Aguieira, e comezo de 3 novas actividades:

- Sonaventura: pack de actividades de aventura que comprende a tirolesa, o slack line, e o tiro con arco.
- Ollaoson: xogo de cidade baseado no programa televisivo "Pekin Express" no que os acampados e acampadas teñen que facer diferentes probas na vila de Porto do Son para acadar un premio final.
- Stop-Motion: actividade creativa na que mediante a toma de fotos se crea un vídeo de temática libre.
Pola noite un grupo de terroristas secuestrou á nosa mascota Orni, o ornitorrinco peludo. Os acampados e acampadas tiveron que buscar, de noite, á nosa mascota, ata que finalmente, xusto antes de rematar a velada e de que os terroristas se saísen coa súa, o acampado Iván Rellán conseguiu salvar á nosa mascota.
domingo, 10 de julio de 2016
DÍA 9
Hoxe tivemos outro día de praia incrible. O tempo acompañounos todos estes días para desfrutar as actividades náuticas ao máximo, e aínda que os campados e acampadas notan o esgotamento acumulado, seguen a participar cunha actitude moi positiva.
Pola noite un grupo de loitadores secuestrou a o noso mestre en artes marciais. Os nenos e nenas tiveron que pasar diferentes probas relacionadas coa loita para rescatalo.

sábado, 9 de julio de 2016
DÍA 8
Comezamos 2 días con novas actividades. As rotacións serán de:

- Rapel: realizado no rocódromo da instalación, recientemente acondicionado e reparado.
- Paddle surf e cometas: 3ª rotación neste deporte e nova actividade de cometas de tracción.
- Kaiak: 2ª rotación na que os acampados e acampadas realizan unha pequena rua pola praia de Aguieira.
- Biomergullo: 2ª rotación desta actividade na que baixamos a unha preciosa cala preto do campamento para realizar snorkel.
Pola noite o campamento convertiuse nunha "Feira moinante", na que os propios acampados xunto cos monitores, representaron una típica feira de pobo con probas coma tirar as latas, os dardos, o trileiro, as carreiras de camelos...
viernes, 8 de julio de 2016
DÍA 7
Hoxe foi sen dúbida o día máis caluroso de toda a quenda. Día duro para o grupo "París de Noia" (todos os grupos teñen nome de orquestras) xa que despois dunha mañá facendo surf, body board e kaiak, pola tarde tocou escalada no Castro de Baroña e volta ao campamento facendo un raid de 8 km polos montes de Porto do Son.
Pola noite tivemos a nosa famosa velada de "Guerra de orquestras", na que Panorama, París de Noia, Olympus, Combo Dominicano e a orquestra Aché, composta polo grupo de monitores, fixeron diferentes probas relacionadas coa música.

DÍA 6
Hoxe mellorou o tempo en canto ao vento, e tivemos un día moi caluroso e cunhas condicións perfectas para as actividades náuticas.
O campamento funicona perfectamente xa que chegado o ecuador do mesmo, a dinámica, normas e horarios xa están interiorizados e todo sae máis rodado.
Pola noite fixemos a velada das "10 probas de Hércules", cunha cea especial ambientada na lenda de Hércules, e posteriormente realizando as 10 probas que Hércules tivo que superar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)