martes, 5 de julio de 2016

DÍA 4

Comezamos 4 días de novas rotacións coas seguintes actividades:


  • Oleaxe: surf, body board e kaiak surf na praia do Río Sieira
  • Btt: cunha nova ruta de mountain bike á praia de Caveiro
  • Orientación con compás: mediante unha actividade lúdica de rastrexo con pistas
  • Longboard: actividade realizada nas pistas deportivas do campamento como complemento á actividade de surf.
  • Biomergullo: actividade de aula mariña na que nesta primeira rotación os acampados coñecen diferentes especies mariñas do contorno e realizan un intermareal.
  • Escalada e raid: no contorno do Castro de Baroña e a volta facendo un raid de sendeirismo polos montes de Porto do Son.
  • Paddle surf: 2ª rotación na que os rapaces xa fan unha pequena ruta na praia de Aguieira.
  • Art beach: construccións creativas de area na praia.
  • Xeocaptura: baseado no xeocaché, os rapaces teñen que guiarse con aparatos GPS e atopar tuppers agochados con probas que resolver para conseguir as seguintes xeolocalizacións e chegar ata a derradeira posta.
  • Lipdub: actividade creativa na que os nenos e nenas graban un vídeo musical coa canción que eles escollan e utilizando todo o atrezzo que precisen.
Pola noite os nosos monitores foron de safari ata que unha tribu secuestrou a un deles. Coa axuda dos acampados conseguimos atopalo e salvalo antes de que o comesen vivo!!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario