DÍA 5
Continuamos coas rotacións das actividades que comezamos o luns. Os acampados e acampadas comezan xa a mostrar signos de esgotamento polo duro ritmo do campamento, pero aínda así seguen a participar, cantar, bailar e xogar en todas as actividades con moita enerxía.
Pola noite fixemos a nosa famosa "Carreira de Creatividade", velada semellante a un "Party" xigante na que os rapaces e rapazas teñen que facer probas de mímica, cancións, baile...
No hay comentarios:
Publicar un comentario