lunes, 11 de julio de 2016

DÍA 10

Últimos dous días de actividades coa 3ª rotación de kaiak, na que facemos unha ruta cara unha nova praia cerca de Aguieira, e comezo de 3 novas actividades:


  1. Sonaventura: pack de actividades de aventura que comprende a tirolesa, o slack line, e o tiro con arco.
  2. Ollaoson: xogo de cidade baseado no programa televisivo "Pekin Express" no que os acampados e acampadas teñen que facer diferentes probas na vila de Porto do Son para acadar un premio final.
  3. Stop-Motion: actividade creativa na que mediante a toma de fotos se crea un vídeo de temática libre.
Pola noite un grupo de terroristas secuestrou á nosa mascota Orni, o ornitorrinco peludo. Os acampados e acampadas tiveron que buscar, de noite, á nosa mascota, ata que finalmente, xusto antes de rematar a velada e de que os terroristas se saísen coa súa, o acampado Iván Rellán conseguiu salvar á nosa mascota.








No hay comentarios:

Publicar un comentario