domingo, 3 de julio de 2016

DÍA 2

Comezamos o primeiro día de actividades!!! Este ano temos a novidade de que os 2 primeiros días de iniciación, as actividades de Oleaxe (surf, body board e kaiak surf) e escalada, se van en autobús á praia de Río Sieira e ao Castro de Baroña respectivamente para facer a iniciación a estes deportes no mellor contorno posible.

As actividades de mountain bike, kaiak de mar e paddle surf se quedan nas inmediacións do campamento e na praia de Aguieira.

O tempo acompañounos e tivemos un primeiro día de actividades perfecto!

Pola noite, os monitores convertíronse en tolos escapados dun psiquiátrico e os acamapados/as tiveron que atopalos e devolvelos ao seu lugar de orixe para poder durmir tranquilos na súa 2ª noite en Virxe de Loreto.









No hay comentarios:

Publicar un comentario