viernes, 8 de julio de 2016

DÍA 7

Hoxe foi sen dúbida o día máis caluroso de toda a quenda. Día duro para o grupo "París de Noia" (todos os grupos teñen nome de orquestras) xa que despois dunha mañá facendo surf, body board e kaiak, pola tarde tocou escalada no Castro de Baroña e volta ao campamento facendo un raid de 8 km polos montes de Porto do Son.

Pola noite tivemos a nosa famosa velada de "Guerra de orquestras", na que Panorama, París de Noia, Olympus, Combo Dominicano e a orquestra Aché, composta polo grupo de monitores, fixeron diferentes probas relacionadas coa música.






No hay comentarios:

Publicar un comentario